Preto de 8.000 persoas acudiron ás piscinas municipais exteriores de Frigsa durante o mes de xullo

En agosto permanecen abertas as piscinas exteriores de Frigsa e tamén as climatizadas das Pedreiras. O prezo é de 1 euro para rapaces e rapazas de ata 15 anos e de 2,20 para adultos

Luns, 08 de agosto de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, deu a coñecer que “preto de 8.000 persoas acudiron ás piscinas exteriores de Frigsa durante o mes de xullo”. Uns datos que reflicten unha moi alta asistencia, debido a que “as boas temperaturas deste mes animaron aos usuarios a achegárense a este complexo acuático para gozar destas instalacións municipais”, segundo manifestou o edil, que tamén sinalou que “o día de maior afluencia nas piscinas descubertas foi o mércores 18 de xullo, con 601 persoas”.

En agosto, permanecen abertas as piscinas exteriores de Frigsa, de luns a venres, de 12:00 a 20:30 horas, e sábados e domingos, de 12:00 a 20:00 horas. A climatizada está pechada, xa que no mes de agosto tamén abren as piscinas das Pedreiras, con horario de luns a venres, de 08:00 a 14:30 e de 16:30 a 23:00 horas, e os sábados de 10:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas.

Os prezos establecidos para esta nova campaña de verán, e que se manteñen como no 2015, son de 1 euro a entrada e 10,80 euros o abono de 15 baños para os rapaces e rapazas de ata 15 anos. Para os adultos, de 16 anos en diante, a entrada terá un custo de 2,20 euros, o abono de 15 baños de 22,30 euros e o abono de 15 baños para pensionistas será de 11,10 euros. Os abonos familiares terán unha tarifa especial: 29,30 euros o de 15 baños e de 59,10 o de 30 baños.

Audio

  • Miguel Fernández, sobre o balance de usuarios das piscinas municipais |Descargar mp3

Noticias relacionadas