Presentado o Plan de Tráfico e Mobilidade para as festas de San Froilán

Mércores, 02 de outubro de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Habilitaranse catro aparcamentos disuasorios conectados con centro con servizo de bus urbano
 
O Alcalde, José López Orozco presentou hoxe o Plan de tráfico e mobilidade que funcionará durante as festas de San Froilán, a partir do día 4, para garantir a seguridade dos peóns que acudan ó Recinto Feiral e a súa área de influencia e ordenar a circulación.

O plan, deseñado polo Gabinete de Tráfico da Policía Local, consta de dous procedementos. O primeiro, chamado procedemento A, será o que se manteña cando se permita o acceso de vehículos á área de influencia do Recinto Feiral, e o segundo, ou procedemnto B, palicarase cando se impida a circulación nesa zona.

As vías que se inclúen neste plan, tendo en conta as zonas nas que se ubican o Recinto Feiral e nas que se celebrarán outros actos festivos como os concertos ou actividades e espectáculos como o San Froilán Miudo son: avenida de García Portela, praza de Avilés, avenida Rodríguez Mourelo, glorieta Irmáns Pedrosa, primeiro treito da avenida de Ramón Ferreiro, rúa Bispo Aguirre, rúa Anxo López Pérez e praza de San Marcos.

As vías afectadas pola instalación de atraccións de feira e casetas de venda de diferentes produtos (avenida Rodríguez Mourelo, praza de Avilés e avenida García Portela) somentes poderán ser usadas por vehículos debidamente autorizados.

As vías incluídas dentro do Recinto Feiral cortaranse ó tráfico a partir das 19.00 horas nas xornadas nas que se permita a circulación. A circulación estará cortada completamente nos días nos que se agarda máis afluencia de persoas, os festivos e fines de semana. Eses cortes produciranse dende as 19.00 horas do día 4 ata as 6.00 horas do día 7 e tamén dende as 19.00 horas do día 11 ata as 6.00 horas do día 14. Estes horarios son indicativos, xa que será a propia Policía Local quen determine os momentos nos que se producen os cortes que se realizarán en función da necesidade que virá condicionada pola afluencia de persoas ó Recinto Feiral.

Por rúas, a ordenación prevista é a seguinte:

-A calzada da avenida Rodríguez Mourelo situada na marxe da Audiencia Provincial mantense ino mesmo sentido de circulación, afectando só ó estacionamento, que se prohibirá nas dúas marxes. Tamén permanece a zona de carga e descarga ubicada diante do nº 2.
-A calzada da avenida Rodríguez Mourelo situada na marxe dos institutos vaise cortar totalmente ó tráfico rodado para a instalación de carruseles.
-A praza  de Avilés cortarase parcialmente ó tráfico, permitindo o paso dos vehículos cara as rúas Puro Cora e García Portela (marxe esquerdo).
-A calzada da rúa García Portela adxacente ó Parque Rosalía de Castro cortarase ó tráfico para a instalación de atraccións de feira.
-A calzada da rúa García Portela adxacenteá liña de edificacións habilitarase en doble sentido de circulación para facilitar o acceso de vehículos de residentes e servizos. Tamén se habilita unha zona de carga e descarga nas inmediadiacións do número 15, en horario de 9.00 a 13.00 e de 16.00 a 19.00 horas.
-A praza Irmáns Pedrosa non sofre variacións na súa ordenación.
-O primeiro treito da avenida de Ramón Ferreiro non sofre variacións na súa ordenación, agás nos momentos nos que se peche o Recinto Feiral, momento no que a calzada que discorre fronte ós centros educativos habilitarase en doble sentido de circulación para facilitar a entrada e saída dos residentes.
-A rúa Anxo López Pérez sinalizarase de xeito que se impida o estacionamento no marxe dereito para reservar espazo a diferentes servizos.

As vías pertencentes á área de influencia do Recinto Feiral sofrirán variacións no momento no que se peche o tráfico, en aplicación do procedemento B.

Haberá as seguintes excepcións:

-a rúa Santiago, que se ordenará e sinalizará para convertela en vial de sentido único de circulación mentres duren as festas, para dar máis fluidez de tráfico á Ronda da Muralla
-a rúa Cidade de Vigo, que se establece en doble sentido de circulación para facilitar o acceso de residentes ás súas prazas de garaxe, de vehículos autotaxi e de carga e descarga con destino á Estación de Autobuses e de vehículos con destino ó parking da praza da Constitución
-a praza da Constitución, que sofrirá cambios no seu ordenamento para facilitar o acceso e saída de vehículos como consecuencia dos cambios efectuados na rúa Cidade de Vigo
-a rúa Frei Plácido Rei Lemos, que se cortará ó tráfico despois do acceso do Hospital provincial de San Xosé, con prohibición expresa de estacionamento sobre a marxe dereita (segundo o sentido da marcha), na que haberá reserva de espazos para carga e descarga e para vehículos oficiais, e desde esta zona ata a rúa Santiago, estacionamento turismos en liña

E as medidas que se adoptarán con motivo do peche do Recinto Feiral (procedemento B) serán as seguintes:

-A Ronda da Muralla terá un corte de tráfico á altura da rúa Santiago, desviándose a circulación da Ronda pola rúa Santiago e permitíndose o acceso ós residentes do treito de Ronda afectado (rúa Vilalba, Carril dos Loureiros e viais das inmediacións do Parque Rosalía de Castro). Cambiarase o sentido de circulación ó treito de Ronda comprendido entre a rúa Santiago e o Carril dos Loureiros; para facilitar a saída dos residentes da rúa Vilalba, da Ronda da Muralla e do Carril dos Loureiros.
-A rúa Vilalba estará cortada unha vez rebasada a intersección co Carril dos Loureiros, os residentes accederán dende a Ronda da Muralla a través do Carril dos Loureiros para continuar pola rúa Vilalba en sentido contrario ó normalmente establecido para esta vía.
-A calzada dereita (sentido centro da cidade) da avenida de Ramón Ferreiro terá dous cortes de tráfico, un situado despois da rúa Celso Emilio Ferreiro, que servirá para desviar o tráfico que circula por Ramón Ferreiro cara Celso Emilio Ferreiro. O segundo corte de tráfico situarase despois do cruce coa rúa Salvador de Madariaga, para desviar a circulación desta rúa fóra do Recinto Feiral.
-A rúa Puro Cora terá un corte de tráfico flexible na súa confluencia coas rúas Ribadeo, Xeneral Tella e Pascual Veiga, onde se impedirá o acceso ó Recinto Feiral, se ben se autorizará o acceso de vehículos con destino ás prazas reservadas deste vial e ós residentes.
-Na rúa Salvador de Madariaga haberá un corte no seu comezo, á altura da praza de Bretaña e somentes poderán acceder a través deste corte os residentes e os vehículos que se dirixan ó parking do Seminario.
-A rúa Armando Durán sinalizarase para que o acceso de residentes se realice pola rúa Pintor Correidoira, permanecendo invariable o estacionamento de turismos na marxe dereita segundo o sentido habitual da marcha.

Aparcamentos disuasorios e reforzo do transporte público

O operativo deseñado polo Gabinete de Tráfico da Policía Local establece catro aparcamentos disuasorios, dous na rúa Campos Novos e outros dous na rúa Madanela e no aparcamento de As Termas, que estarán conectados co centro da cidade con transporte público. Haberá duas liñas especiais de autobuses que prestarán este servizo ata a rúa Celso Emilio Ferreiro (á altura do Gran Hotel) cada 30 minutos os días 4, 5, 6, 7, 11 e 12. Por outra parte, as liñas 3A, 3AE, 4, 4E, 5E, 6, 6E e 7A prolongarán o seu servizo ata as dúas ou tres da madrugada os 4, 5, 6, 11, 12.
Tamén se vai habilitar unha zona de aparcamento na rúa Poeta Noriega Varela, co que se crea un entramado de zonas de estacionamento alternativo de fácil acceso co Recinto Feiral.

Tamén se acordou coa Asociación Profesional de Traballadores Autónomos de Auto-Taxi e Gran Turismo da provincia de Lugo para que, durante as festas, haxa un reforzo dos taxis nas inmediacións da Estación de Autobuses e na praza de Santo Domingo. Para elo, a zona de estacionamento situada na rúa Anxo López Pérez (diante do vello cárcere) habilitarase para ampliar a parada de taxis da Estación de Autobuses dende as 22.00 ata as 07.00 horas, e na praza de Santo Domingo habilitarase para o estacionamento de taxis a zona de carga e descarga situada fronte á rúa San Marcos entre as 20.00 e as 08.00 horas. Co fin de facilitar o servizo ós usuarios do servizo do taxi, permitirase o acceso destes vehículos a través dos puntos de corte para recoller ou apear usuarios no Recinto Feiral, sempre que o permitan as condicións do tránsito.

Medidas complementarias

Provisionalmente, habilitaranse na rúa Puro Cora seis prazas para discapacitados, seis para a Audiencia Provincial e nove para o Xulgado de Garda.
Ademais, a Sala de Control de Tráfico da Policía Local axustará os ciclos de semáforos nos cruces que o precisen para garantir a fluidez do tráfico, con especial referencia á saída dende a rúa do Teatro cara a Ronda da Muralla durante as noites.

Os residentes afectados polos cortes de tráfico, os condutores de vehículos que empregan os estacionamentos interiores dos centros escolares situados na área de influencia do Recinto Feiral e os condutores de vehículos de carga e descarga deberán dispor dunha autorización de acceso que se tramita na Oficina de Atención á Cidadanía da Policía Local, situada na rúa das Artes nº 33-35, en horario laboral de 8.00 a 14.30 horas.

Tamén están previstas medidas con motivo das distintas verbenas programadas nos barrios. Concretamente, o luns, día 7, con motivo da verbena que se vai celebrar na praza do Camiño Primitivo acordonarase un perímetro que delimite a acera da praza doa Ronda das Fontiñas e o Carril das Flores. O mércores, día 9, no barrio da Milagrosa está previsto un corte dos viais de acceso á praza. O venres, día 11, de outubro cortarase o tráfico desde que comecen os labores de instalación do escenario, que se ubicará na parcela delimitada pola propia praza e as rúas Cántigas de Frores, Camilo José Cela e Rafael Dieste. Tamén se restrinxirá totalmente o estacionamento de vehículos en liña na súa contorna.

Multimedia

Noticias relacionadas