Premiados once nenos no concurso de debuxo para o Plan de Infancia do Concello

Mércores, 13 de xuño de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Servizos Sociais, Ana González Abelleira, entregou esta tarde os premios do concurso de debuxo para o Plan de Infancia, nun acto que se celebrou no Salón de Plenos do Concello.

O Concello de Lugo aprobou un Plan de Infancia da nosa cidade que ten o obxectivo de protexer os dereitos dos nenos e nenas lucenses. Neste documento fixéronse constar unha serie de obxectivos e de accións dirixidas a mellorar a calidade de vida dos máis pequenos, entre as que figuran accións de tipo educativo, de protección á familia, de lecer e tempo libre, cultura e deportes, entre outras.

Coa finalidade de que eles foran os verdadeiros protagonistas e de que fixeran as súas achegas, organizouse no mes de maio un concurso de debuxo para elixir a portada do Plan de Infancia. Este concurso organizouse entre os nenos e nenas que acudiron ás ociotecas municipais e foron presentados un total de 75 debuxos nos que os nenos amosan a súa visión dos dereitos da infancia e de como lles gustaría que fose a cidade.

O debuxo gañador deste concurso é obra de David Saavedra Sarandeses, de 7 anos de idade, e vai ser a portada oficial do I Plan integral da Infancia e Adolescencia do Concello de Lugo. Os outros dez debuxos premiados tamén se incluirán no documento deste plan.

Premiados:

1º premio, David Saavedra Sarandeses
2º premio, Laura Buján Pereiro
3º premio, Sheila Pena Lavandeira
4º premio, Erika Marín Cuñarro
5º premio, Ariadna Castro Varela
6º premio, José Agustín Cabano Lorenzo
7º premio, Lola Ramil Yáñez
8º premio, Daniel Vázquez López
9º premio, Jennyfer de Carvalho Apolinario
10º premio, Julia Alves Varela
11º premio, Marcos Rey Ferreiro.

Buzóns de infancia

Nas ociotecas municipais tamén se instalaron uns buzóns de infancia onde os nenos e nenas depositaron as súas achegas sobre como lles gustaría que fose Lugo. Fixeron un total de 48 propostas. A maioría delas están referidas ós parques, ós xogos e ó tempo libre. Moitos piden, tamén, máis ociotecas municipais.

Na páxina web do Concello www.lugo.es tamén se poden facer propostas ou suxestións no buzón de infancia on-line, ó que pode acceder calquera neno ou nena que non acuda ás ociotecas e que queira facer constar a súa achega sobre a nosa cidade.

Coñeza o Buzón da Infancia nas ociotecas e a súa versión en liña.

Multimedia

Noticias relacionadas