A Praza Maior exerce de pasarela de moda de inspiración romana e castrexa

Carmen Basadre presenciou a mostra, presentada pola actriz luguesa Alba Mesa, enmarcada na programación do Lvcvs Cvltvral

Domingo, 20 de maio de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Praza Maior exerce de pasarela de moda de inspiración romana e castrexa

A Praza Maior exerceu este domingo de pasarela de moda de inspiración romana e castrexa. O bo temo animou a asistencia a esta actividade, enmarcada dentro da programación do Lvcvs Cvltvral, organizado polo Concello.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre presenciou este encontro, que a propia edil define como unha excelente oportunidade tanto para dinamizar un dos sectores máis creativos de Lugo como para coñecer as últimas tendencias de cara a prepararse para as festas do Arde Lvcvs, que se celebrarán do 15 ao 17 de xuño.

Na mostra, presentada pola actriz lucense Alba Mesa, participaron as seguintes firmas: María Tacón, Unha de romanos, Pandelandras, Breatriz Valín, Mi modista e Pedro Rois, Corazóns Artesáns, Avalon Peluqueros, Natalia Estilistas, Miriam Souto e Estética Mírome, que deron a coñecer as súas propostas de vestimenta, complementos e peiteados.

Multimedia

  • A Praza Maior exerce de pasarela de moda de inspiración romana e castrexa

Noticias relacionadas