A Praza de Santa María acolle un flashmob polo 50 aniversario de Aspnais, coa participación dunhas 500 persoas

Miguel Fernández e Ana Abelleira asistiron este venres a este evento, no que participaron nenos e nenas de diversos colexios da cidade e asociacións

Venres, 20 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Praza de Santa María acolle un flashmob polo 50 aniversario de Aspnais, coa participación dunhas 500 persoas

Os Concelleiros de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, e de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, asistiron este venres na Praza de Santa María ao flashmob organizado por ASPNAIS para celebrar o seu 50 aniversario.

Neste flashmob participaron unhas 500 persoas, entre os que se atopaban nenos e nenas dos colexios Salesianos, María Auxiliadora, Menéndez Pelayo, San José, A Milagrosa, Maristas, Cervantes, Franciscanos e Casás, ademais de membros doutras entidades como Cogami, ou o Centro Ocupacional de Vilalba.

Noticias relacionadas