A praza da Horta do Seminario acolle un concerto e unha exposición de motos organizados pola Concellería de Xuventude

Xoves, 31 de xullo de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Mañá venres, 1 de agosto, celebrarase as actividades da xornada de seguridade viaria Bike con tento, que por mor do tempo suspendéranse o pasado 5 de xullo.

Trátase das actividades complementarias ás clases teórico-prácticas(xa celebradas) que terán lugar na praza da Horta do Seminario. A partir das 21:30 horas terá lugar o concerto do grupo de música Maldía. Trátase dunha agrupación de Hevy Metal nacido en Lugo en outubro do 2006 e que está composto por: Nemesio (voz), Jose (batería), Jesus (guitarra), Angel (baixo) e David (guitarra). Entre os asistentes haberá un sorteo de agasallos.

Ademais, ao longo da xornada haberá unha exposición de motos dende as doce da mañá ás doce da noite que conta coa colaboración de tres concesionarios de motos de Lugo: Repostos Bourio, Montouto e STM.

A xornada está organizada polo Concellería de Xuventude, que dirixe Carmen Basadre, a Dirección Xeral de Tráfico, a Asociación Provincial de Autoescolas, o Gremium Moto Club Galicia e Lóstregos Lucus.

Noticias relacionadas