A Policía Local recibe tres novos vehículos patrulla híbridos

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, revisou hoxe a nova frota, “que estamos a renovar na medida das necesidades, pero sempre xa con coches ecolóxicos, non contaminantes”

Estes vehículos, totalmente equipados para as súas funcións, mellorarán as ferramentas a disposición dos axentes para desenvolver con maior seguridade o seu labor.

Martes, 06 de abril de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Policía Local recibe tres novos vehículos patrulla híbridos

A  alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, aproveitou hoxe a reunión que mantén de xeito semanal co Inspector de Policía Local, Jesús Piñeiro, para falar sobre o servizo como máxima responsable deste Corpo de Seguridade para revisar as novas incorporacións á frota de vehículos.

Trátase de tres radios patrullas Toyota Prius Plus híbrido, automaticos, con kit de detidos, equipados con panel despregable na ponte con mensaxes de emerxencia e con tablet de acceso á base de datos e á xestión de multas. Gracias a este equipamento, “os axentes da Policía Local disporán de mellores ferramentas para desenvolver con maior seguridade o seu labor”, destacou a alcaldesa de Lugo.

Estas adquisicións enmárcanse nas “renovacións necesarias da frota da Policía, que estamos a desenvolver xa seguindo co modelo de cidade verde e sostible no que traballamos, con vehículos ecolóxicos e híbridos”.

Coa incorporación destes tres novos vehículos, a Policía Local de Lugo conta actualmente con seis radio patrullas con kit de detidos, tres de eles hibridos, un suv híbrido, dous todoterreos, un coche camuflado , seis motocicletas e un vehículo de aluguer. Está previsto que este ano tamén se incorpore á súa frota de vehículos un furgón de atestados.

Multimedia

  • A Policía Local recibe tres novos vehículos patrulla híbridos
  • A Policía Local recibe tres novos vehículos patrulla híbridos

Noticias relacionadas