A Policía Local recibe do CD Lugo a camiseta asinada polo equipo en agradecemento ao labor desenvolvido durante toda a tempada

Martes, 07 de xuño de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Policía Local recibe do CD Lugo a camiseta asinada polo equipo en agradecemento ao labor desenvolvido durante toda a tempada

A Policía Local vén de recibir esta mañá unha camiseta do Club Deportivo Lugo asinada por todos os xogadores do equipo.

Un xesto co que o cadro albivermello quixo agradecer ao Corpo a colaboración prestada durante toda a tempada nos diferentes dispositivos de seguridade que se organizaron con motivo da celebración dos partidos disputados no estadio Anxo Carro.

O Intendente da Policía Local, Jesús Piñeiro e o Inspector José Río recolleron con moita satisfacción este agasallo da man do director deportivo e do xefe dos vixilantes de seguridade do CD Lugo.

Noticias relacionadas