A Policía Local levou a cabo este mércores varias actuacións en materia de seguridade e auxilio cidadá

Xoves, 24 de outubro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Efectivos pertencentes á Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, acudiron sobre as 15:50 horas do día 23/10/19 a un establecemento situado na rúa Quiroga Ballesteros tras recibir un aviso de que unha persoa, en estado de embriaguez, estaba a molestar aos clientes do local.

Tras presentarse alí os axentes, o individuo ausentouse, indicando o propietario a súadescrición física o que permitiu localizalo na Praza Maior. Tras ser sometido a un rexistro, os efectivos policiais puideron comprobar que portaba un coitelo que lle foi intervido.

Ao carecer de identificación, procederon a trasladalo a dependencias policiais onde foi plenamente identificado levantando acta por infracción á Lei de Seguridade Cidadá por portar armas prohibidas nun lugar público, polo que se enfronta a unha sanción, segundo a gradación do instrutor, de 601 a 30.000 euros.

Por outra banda, axentes deste Corpo acudiron na mañá do mércores a unha vivenda da Rúa Castelao para auxiliar a unha persoa de avanzada idade que se caeu da cama e non podía erguerse, logrando os axentes incorporala e deitala novamente, sen que sufrise lesión algunha.

Así mesmo, na mesma mañá, unha dotación policial acudiu a unha vivenda da Avenida Alfonso X, en colaboración cunha dotación do 061, para axudar a transportar a un enfermo dende a cama do seu domicilio á ambulancia, debido ao elevado peso corporal do paciente.

Noticias relacionadas