A Policía Local de Lugo presentou 398 denuncias por exceso de velocidade, que supuxeron a retirada de 205 puntos dos carnés de conducir

Na campaña, que se desenvolveu entre o 29 de outubro e o 18 de decembro, establecéronse filtros de seguridade especialmente nos viarios limitados a 30 km/h.

En total, controláronse 6.397 vehículos e a velocidade máxima detectada foi de 106 km/h.

Luns, 30 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Policía Local de Lugo presentou 398 denuncias por exceso de velocidade, que supuxeron a retirada de 205 puntos dos carnés de conducir

A Policía Local de Lugo presentou 398 denuncias por exceso de velocidade na campaña que desenvolveu desde o 29 de outubro ata o 18 de decembro, antes das datas do nadal, co fin de vixiar e garantir os límites de velocidade nas rúas da cidade e, polo tanto, protexer a seguridade cidadá.

Ademais, preténdese concienciar aos condutores da necesidade de adecuar a velocidade á establecida nas vías.

Os filtros de seguridade viaria, que se estableceron especialmente en viarios limitados a 30 km/h., fixéronse utilizando un coche policial dotado de cinemómetro.

Nestes dous meses controláronse a 6.397 vehículos e a velocidade máxima detectada foi de 106 km/h.. As denuncias supuxeron a retirada de 205 puntos dos carnés de conducir.

Consellos policiais

A Policía local de Lugo sostén que o exceso de velocidade incide desfavorablemente na seguridade viaria, sobre todo nos usuarios máis vulnerables como peóns e ciclistas. Tamén, que unha velocidade inadecuada é determinante no aumento de accidentes de circulación e na gravidade das lesións.

Como dato determinante, lembra que, segundo a Organización Mundial da Saúde, o impacto dun vehículo a 50 km/h. contra un peón eleva o risco de falecemento ata o 80%, mentres que unha velocidade de 30 km/h. a porcentaxe redúcese a un 10%.

Noticias relacionadas