A Policía Local de Lugo imparte formación sobre Violencia de Xénero ao resto de Xefaturas da provincia

Martes, 10 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Policía Local de Lugo imparte formación sobre Violencia de Xénero ao resto de Xefaturas da provincia

A Policía Local de Lugo impartiu durante as últimas semanas diversos cursos, a todas as policías locais do resto da provincia, relacionados coa intervención policial en casos de violencia de xénero, homologados pola Academia Galega de Seguridad Pública.

Ademais, continuando cos programas de formación activados pola Policía Local de Lugo, unha axente pertencente á Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, en atención á invitación realizada pola asociación “Si, hai saída”, acudía onte ao IES Muralla Romana para achegar aos alumnos de 4º da ESO, 1º e 2º de BAC a casuística policial en relación coa violencia de xénero.

Por outra banda, a Unidade de Atestados da Policía Local de Lugo tivo que intervir, este luns, en seis accidentes de circulación ocorridos no centro urbano. O primeiro, tivo lugar ás 6:00 horas, na Rolda da Muralla nas inmediacións da Porta de San Pedro, cando un turismo sae da vía e impacta cos valos salva-peóns. A condutora arroxa un resultado NEGATIVO nas probas de alcoholemia practicadas, sen resultar lesionada e rexistrándose unicamente danos materiais.

A continuación, ás 08:50 horas, dous vehículos víronse implicados nun sinistro, con danos materiais na Avenida de As Américas; ás 13:14 horas prodúxose tamén outro accina Avenida da Coruña con Camiño de Pipín, así como ás 15:40 horas na rúa do Trebo, ás 16:03 horas na Praza de Viana do Castelo e ás 19:13 horas na Avenida da Coruña con Monte Faro, todos en similares circunstancias resultando os dous vehículos que colidiron afectados por danos materiais.

Noticias relacionadas