A Policía Local de Lugo desenvolve unha campaña de vixilancia sobre o consumo de alcohol e drogas ao volante

Xoves, 17 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Policía Local de Lugo desenvolve unha campaña de vixilancia sobre o consumo de alcohol e drogas ao volante

A Policía Local de Lugo desenvolve estes días unha campaña específica de vixilancia sobre o consumo de bebidas alcohólicas e drogas ao volante.

O dispositivo, iniciado esta semana, permitiu detectar xa nos primeiros controis levados a cabo até un total de 11 infraccións nas vías da capital por guiar baixo os efectos deste tipo de substancias.

A Policía local lembra que estes expedientes sancionadores levan aparellada unha multa que oscila dende os 500 euros e a retirada de 5 puntos do carné, se a taxa de alcohol é de 0’25 a 0’50 mg/l, e até os 1000 euros e 6 puntos se supera os 50 mg/l. Cando se rebasan os 60 mg/l instrúense, ademais, dilixenciais por delito contra a seguridade viaria por Xuízo Rápido.

En canto á presenza de drogas no organismo mediante proba realizada en drogotest a sanción é de 1.000 euros alén da retirada de 6 puntos do permiso de condución.

Noticias relacionadas