A Policía Local colabora coa DXT nunha campaña de vixilancia sobre o uso do cinto de seguridade

O dispositivo manterase durante toda esta semana nas vías urbanas

Martes, 01 de outubro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Policía Local de Lugo participará, ata o vindeiro 6 de outubro, na campaña activada pola DXT sobre a utilización do Cinto de Seguridade e Sistemas de Retención Infantil (SRI).

Os axentes farán filtros de control nas rúas do casco urbano, con vehículos camuflados e tamén rotulados.

Dende a Policía Local lémbrase que non empregar o cinto no casco urbano, é unha infracción GRAVE que leva aparellada unha multa de 200 euros e, no caso do condutor, a retirada de 3 puntos do permiso de conducir.

Así mesmo, tamén o condutor será responsable e se sancionará co mesmo importe (200 euros), cando circule cun menor de idade, de estatura igual ou inferior a 135 cms, sen empregar o sistema de retención infantil homologado, debidamente adaptado á súa talla e peso.

Noticias relacionadas