A Policía acode a dous domicilios en Noiteboa nos que a celebración das festas xeraba molestias á veciñanza

Efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, acudiron na madrugada do martes ao mércores, ás 2:50 horas e ás 3:50 horas, respectivamente, a dúas vivendas de Rolda do Carmen e Fontiñas para cooperar na resolución de senllos conflitos privados polas molestias que se producían como consecuencia da celebración da cea de Noiteboa, pois námbolos pisos desenvolvíanse festas nas que se utilizaba música cun volume que perturbaba o descanso da veciñanza.

Xoves, 26 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Os axentes, unha vez que falaron cos titulares desas vivendas, informáronlles dos prexuízos que producían, requiríndolles para que baixasen o volume e moderasen o seu comportamento para que non se xerasen molestias innecesarias á cidadanía facendo caso a tal requirimento e, polo tanto, finalizando tales intervencións sen outra novidade.

Por outra banda relátanse as intervencións realizadas pola Unidade de Atestados en accidentes de circulación no centro urbano entre os días 23 e 25 de decembro.

Día 23

  • 15:40 horas. Accidente en Luís Seoane confluencia Julia Minguillón. Dous vehículos implicados. Danos materiais.
  • 16:20 horas. Inicio de dilixencias por danos ocasionados nun vehículo estacionado na rúa río Eo.
  • 16:05 horas. Accidente na rúa San Roque. Dous vehículos implicados. Danos materiais.
  • 16:40 horas. Accidente de circulación na Avenida de Breogán. Dous vehículos implicados. Danos materiais. O condutor dun dos vehículos presenta síntomas de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica arroxando un resultado POSITIVO de 0,82 mg/ l, polo que se instrúen dilixencias por un delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Día 24

  • 3:10 horas. Accidente en rúa Orquídea. Un vehículo que se dá á fuga causa danos materiais a outro estacionado. Instrúense dilixencias para localizar ao vehículo fuxido.
  • 14:45 horas. Accidente na chaira do centro comercial de As Termas. Dous vehículos implicados. Danos materiais.

Día 25

  • 13:00 horas. Accidente en Avenida dos Deportes. Saída de vía dun vehículo. Danos materiais.
  • 15:30 horas. Accidente en Serra Gañidoira. Dous vehículos implicados. Danos materiais.

Noticias relacionadas