A planificación do futuro Barrio Multiecolóxico de Lugo integrará o 92% das edificacións xa existentes na Garaballa

A rexedora de Lugo, Lara Méndez, explicoulle á veciñanza da zona á configuración do barrio, “que será un modelo a seguir en Europa do que sentirnos orgullosos xa que a aposta verde neste espazo permitirá unha mellor calidade de vida”
 
O Concello de Lugo abre un canal de contacto permanente coa cidadanía para resolver as súas dúbidas e recoller as súas propostas

Venres, 10 de xaneiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A planificación do futuro Barrio Multiecolóxico de Lugo integrará o 92% das edificacións xa existentes na Garaballa

O Concello de Lugo busca que o futuro Barrio Multiecolóxico que se construirá en A Garaballa integre, na media do posible, as edificacións xa existentes nesta zona, agás aquelas que supoñan un gran impacto medioambiental, segundo sostivo a alcaldesa de Lugo durante a xuntanza que mantivo coa veciñanza co fin de informarlles das características deste novo espazo urbano, “que será pioneiro e referente en España na aplicación de medidas sostibles tanto no concepto de barrio, como na planificación urbanística e edificatoria”.

Para poder delimitar esta integración, a empresa que está a deseñar as bases da planificación do barrio, a UTE Avento-Proy, desenvolveu un estudo de cada unha das edificacións levantadas. Do mesmo, se conclúe que se poderán manter o 92% dos 268 inmobles existentes. Detectáronse 22 con alto impacto ambiental, dos que catro son vivendas fóra de ordenación, abandonadas e deshabitadas, e 18 son elementos auxiliares e que están construídos na súa maior parte con fibrocemento, material altamente contaminante, chapa, plásticos ou restos de obra.

A rexedora estivo acompañada na xuntanza polo edil de Urbanismo Sostible, Miguel Couto, e representantes da UTE, co fin, non só de informar aos veciños e veciñas de como se configurará o novo barrio, senón tamén de escoitar as súas propostas e de dar resposta ás súas preguntas. “Este será un proxecto colaborativo, polo que queremos abrir un canal de contacto convosco para que poidades consultar