Plan de tráfico do Concello para garantir a seguridade durante a Volta Ciclista a España no seu paso por Lugo

O dispositivo contempla, unha dotación de 28 Policías locais ademais de 9 policías de apoio para posibles incidencias na cidade,  ademais de 15 membros de protección civil.

 
Mércores, 01 de setembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo informa do plan de tráfico que se levará cabo con motivo da celebración da “Etapa 19 da Vuelta Ciclista a España 2021” o próximo venres 3 de setembro de 2021, que se desenvolverá por diferentes rúas da cidade de Lugo.

O plan ten como principal obxectivo reordenar a circulación na cidade durante o paso dos ciclistas co fin de garantir a súa seguridade, causando as menores molestias á veciñanza debido aos cortes de tráfico e contará cunha dotación de 28 Policías locais,  ademais de 15 membros de Protección Civil. Durante varias horas se restrinxirá ou prohibirá a circulación, a parada e o estacionamento de vehículos en distintas vías urbanas afectadas mediante a instalación de sinalización vertical provisional.

Percorrido:

A proba ciclista chega ao  concello de Lugo  desde  Fonsagrada pola estrada  LU-530 e continúa pola  rúa San Eufrasio, accedendo á Avda. De Fontiñas, que a percorre na súa totalidade, segue por Ronda das Mercedes, desviándose na  Avda. de Madrid  en dirección  Madrid pola   N-VI e  a  LU-11 ata Nadela, onde continúa polo  carretera  LU-546 ata Monforte.

Cortes ao paso por Lugo:

No tramo de San Eufrasio estará prohibida a circulación nos dous sentidos, 45 minutos antes do paso do primeiro corredor (entre as 15:30 e as 16:00  h) e ata o paso do último corredor.

Afecta este corte  tamén ás pistas de  Camiño da Vía;  Barrio de  Xuiz e Galegos de  Abaixo, así como o paseo  do Rato – estrada provincial CP- LU-2925. Nese tramo, para o acceso ao Hospital universitario Lucus Augusti (HULA), deberán de utilizar a saída 497 da A-6 coa  estrada de Meira  N-640 ou a Avda. De Adolfo Suárez, ou a Rolda Norte.

A saída do Barrio da Chanca farase a través da Rúa da Chanca, Río Mosa e conexión cos aparcamentos nos terreos da antigüa Campsa na estación do tren. Para iso cambiouse a dirección da circulación sinalizado convenientemente.

A citada  rúa San Eufrasio estará tamén cortada na súa ligazón con calle Conde Fontao no citado tramo horario e desvío cara a rúa Castelao e Miguel de Cervantes.

Na Avda. das Fontiñas, estará prohibida a circulación no sentido desde San Eufrasio a Rolda das Mercedes no horario citado. Nese tramo tamén está prohibido o estacionamento no carril esquerdo pegado á mediana desde as 00.00 horas do día 2 ata a tarde do día 3.

Na Rolda dás Mercedes prohíbese a circulación en sentido Avda. de Madrid así como o estacionamento de acordo coa sinalización aplicada, no mesmo horario.

Todas as vías transversais coa Avda. Das Fontiñas, Roldas Mercedes e a Avda. de Madrid desde a praza Fonte do Rei ata a glorieta Vítimas do Terrorismo, están afectadas con prohibición de acceso ás citadas anteriormente.

Colocouse sinalización nas vías próximas para desviar o tráfico. Isto afectaría á rúa Montero Ríos, carril de  Caiñós,  rúa Primavera, carril dos Indios, carril das Flores, que accederán  a San Roque a través de Ramón  Montenegro e carril das  Hortas.

O tráfico de Xosé  Ferro, Carril  do  Xuízo e Pena Anda, accede a San Roque por Catasol. O acceso a San Xillao realízase a través de Rúa  Vilaverde e  Rof Carballo. A  rúa  Montirón (antes de Avda. das Fontiñas) desvíase en  Rof  Codina e saída por Rei Don García.

Xa no acceso de Alfonso X á N-VIN a estrada estará cortada en dirección Madrid, xestionando a circulación de vehículos a Garda Civil de Tráfico.

Lembrar que o horario de máxima restricción para a circulación (de 15:30 h a 16.00 h) nas vías de paso e de estacionamento en Ronda  das Fontiñas ( carril de paso da  carreira) de 00.00  h do día 2 ata a tarde do día 3.

 

Noticias relacionadas