As pistas da Cidade Cultural acollen as últimas carreiras do Corre con Nós nas categorías infantís

Miguel Fernández destacou o éxito de participación desta cita deportiva, así como as súas potencialidades de fomentar a práctica do deporte e promover a riqueza de Lugo

A última proba do circuíto dos adultos será este domingo, 5 de xuño, ás 12:00 horas no Complexo Deportivo de Frigsa

Sábado, 04 de xuño de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
As pistas da Cidade Cultural acollen as últimas carreiras do Corre con Nós nas categorías infantís

Este sábado celebráronse as últimas probas do Corre Con Nós nas categorías infantís, que discorreron polas Pistas da Cidade Cultural. Participaron os nenos e nenas das catro categorías convocadas nesta sexta carreira popular, enmarcada na 16ª edición do Circuíto Larsa Corre con Nós.

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, que presenciou estas carreiras, destacou “o éxito de participación desta cita deportiva, así como nas súas potencialidades, que pasan por fomentar a práctica do deporte e por promover a riqueza de Lugo”.

A categoría mini deu unha volta á pista e un salto; a categoría A deu unha volta e media á pista máis un salto; a categoría B fixo un lanzamento, dúas voltas e un salto; e a categoría C realizou un lanzamento, tres voltas e máis un salto.

Ao finalizar as diferentes carreiras, a todos os nenos e nenas entregóuselles un vale para recoller a camiseta oficial do Corre Con Nós, que lles entregarán no Centro Comercial As Termas. Ademais realizouse o sorteo dunha bicicleta entre todos os participantes.

Última proba de adultos

A última proba deste circuíto na categoría de adultos terá lugar este domingo, 5 de xuño, ás 12:00 horas no Complexo Deportivo de Frigsa.

Multimedia

  • As pistas da Cidade Cultural acollen as últimas carreiras do Corre con Nós nas categorías infantís

Noticias relacionadas