As piscinas municipais exteriores abren mañá

Xoves, 30 de xuño de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Deportes e Medio Rural, que dirixe Miguel Fernández, informa de que as piscinas municipais exteriores de Frigsa abren mañá venres, 1 de xullo.

Estas piscinas permanecerán abertas durante os meses de xullo e agosto de luns a venres, de 12:00 a 20:30 (pechan ás 21:00) e os sábados e domingos de 12:00 a 20:00 horas (pechan ás 20:30).

Os prezos establecidos para esta nova campaña de verán son de 1 euro a entrada e 10,80 euros o abono de 15 baños para os rapaces e rapazas de ata 15 anos de idade. Para os adultos, de 16 anos en adiante, a entrada terá un custe de 2,20 euros, o abono de 15 baños de 22,30 euros e o abono de 15 baños para pensionistas será de 11,10 euros. Os abonos familiares terán unha tarifa especial: 29,90 euros o de 15 baños e de 59,10 o de 30 baños.

Piscinas cubertas

  • Piscina de Frigsa, en xullo (en agosto permanece pechada): De luns a venres, de 08:00 a 14:00 horas (saída da auga ás 13:30) e de 16:00 a 22:00 horas (saída da auga ás 21:30)
  • Piscina das Pedreiras, en agosto (en xullo pecha): De luns a venres, de 8:00 a 14:30 e de 16:30 a 23:00 horas. Os sábados, de 10:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 horas

Noticias relacionadas