A Piringalla tamén participa nos Orzamentos Participativos

Lara Méndez e Rosana Rielo explicaron no centro de convivencia María Balteira este proceso de participación veciñal, cuxa primeira fase, a de recollida de propostas, estará aberta ben ata o 7 de sembro, a través do Rexistro Xeral, ou o 9 de setembro, en loop.lugo.gal

Martes, 28 de agosto de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
20180828_201737

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, explicaron este martes, no centro de convivencia María Balteira, o proceso dos Orzamentos Participativos, unha ferramenta que activou o Goberno para dar a palabra á veciñanza e que sexa a cidadanía a que decida en que e e onde investir os orzamentos municipais, en total unha partida de 350.000 euros con cargo ao presuposto deste 2018.

Esta é a terceira xuntanza polos barrios que leva a cabo o equipo de Lara Méndez, e que se enmarca dentro da primeira fase dos Orzamentos Participativos: a recollida de propostas de diferentes investimentos, de ata 15.000 euros. Os veciños e veciñas poden participar, ademais de asistindo a estas reunións, achegando as súas propostas a través do Rexistro Xeral, ata o 7 de setembro, ou na web loop.lugo.gal, ata o 9 de setembro. Nesta fase pode participar calquera persoa empadroada en Lugo ou con vinculación co municipio, sexa por estudos ou traballo.

Con este procedemento, o Goberno fomenta a participación veciñal, promove que a cidadanía non sexa simple observadora dos acontecementos e que se converta en protagonista activa do que pasa no seu municipio e mellora a comunicación entre o Concello e a veciñanza.

Máis información en https://loop.lugo.gal/

Noticias relacionadas