Pérez Touriño subliña que o goberno galego está a converter Lugo en espazo de centralidade grazas a un novo e potente mapa de equipamentos, de servizos, de infraestruturas e de comunicacións

Luns, 02 de febreiro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O xefe do Goberno galego visitou hoxe as obras do Plan Paradai xunto coa conselleira de Política Territorial, María José Caride, e co conselleiro de Traballo, Ricardo Varela

 

Avanza que as primeiras fases das obras estarán en servizo este mes e anuncia que o Consello da Xunta aprobará de maneira inminente a última fase do proxecto, dotado con 15 millóns de euros

 

Destaca que se trata dunha actuación “das que vale a pena facer”, que contribúen a “facer cidade” e permiten integrar novos barrios no espazo urbano de referencia

 

Resalta que o novo Auditorio de Lugo é unha actuación “moi potente” que creará un unha nova área de referencia cultural na cidade, que leva aparellado o Museo da Romanización, zonas verdes e vivendas protexidas

 

Salienta a relevancia do novo Hospital, que entrará en servizo este ano e que “marcará unha nova referencia na atención especializada e na sanidade da provincia, á altura do século XXI”

 

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, subliñou hoxe que o Goberno galego está a converter Lugo nun auténtico “espazo de centralidade” grazas ao “novo e potente mapa de equipamentos, de servizos, de infraestruturas e de comunicacións” que está a desenvolver na cidade e na provincia.  “Estamos colocando de verdade Lugo no mapa deste país, facendo que dea o salto desde unha tradición milenaria albergada nun dos máis inmensos patrimonios que tivemos das xeracións anteriores, proxectándoo cara a un mellor futuro”, resaltou.

 

O máximo mandatario autonómico, que visitou esta mañá, xunto coa conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María José Caride, e co conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, as obras do Plan Paradai, na cidade da Muralla, puxo en valor o compromiso do Goberno autonómico con Lugo. Un compromiso coa “nova proxección de Lugo, cos seus equipamentos, coas súas infraestruturas, coas súas comunicacións, cos seus servizos avanzados que”, sinalou Touriño, teñen por obxectivo “conseguir ese soño, esa esperanza de que nunca máis as xeracións novas teñan que marchar de Lugo para poder desempeñar o seu proxecto vital”.

 

Plan Paradai, “facendo cidade”

Na súa intervención, o máximo mandatario autonómico subliñou que o Plan Paradai constitúe un exemplo do traballo realizado polo Goberno galego en Lugo, “facendo cidade, facendo provincia e facendo país”. Trátase, sinalou, dun conxunto de actuacións que teñen un orzamento total de 15 millóns de euros, comprometidas co Concello de Lugo desde o comezo da lexislatura, polo que subliñou o seu “especial interese” por visitar a execución destas obras, cuxas primeiras fases, anunciou, estarán neste mes de febreiro “en  servizo, plenamente rematada e a disposición de todo Lugo”.

 

O máximo mandatario autonómico resaltou que o Plan Paradai “é das cousas que vale a pena facer”, dentro da estratexia de “facer cidade, de coser cidade, en definitiva de xerar novos espazos de calidade”, creando unha rede de espazos de convivencia. A nova fase deste conxunto de actuacións permitirá ademais “superar esa fenda que durante tantos e tantos anos supuxo a vía do tren”, que “creaba unha vía de división” no seo da cidade.

 

Nese sentido, indicou que a última fase do Plan permitirá construír unha nova ponte, a Ponte Paradai e “incluír toda esa área que cose As Gándaras, Paradai, co resto dos barrios de referencia, creando esa nova centralidade, ese novo espazo urbano para a cidade”. Pérez Touriño avanzou ao respecto que un próximo Consello da Xunta (o deste xoves ou o vindeiro) lle dará luz verde ao acordo que autorice “darlle continuidade definitiva ao Plan Paradai”. Polo tanto, engadiu, que esta última fase “verá nacer as obras no segundo semestre deste mesmo ano”.

 

O titular do Executivo autonómico destacou ademais outras actuacións, como a recuperación do barrio do Sagrado Corazón, catalogado como Espazo de Rehabilitación Integral pola Xunta, así como a recuperación no barrio da Tinería, no casco histórico, potenciando en definitiva “un compromiso con crear