- Tema
O domingo día 22 cortarase o trafico de toda a rolda da Muralla entre as 8 da mañá e as oito da tarde pola celebración do Comilonum.
Os autobuses urbanos non poderán circular ao redor da muralla, polo que desde a Avda. da Coruña terán que desviarse por Concepción Areal, rúa Ourense, rúa Tui, por Fonte dos Ranchos para desde aquí subir pola rúa Chantada, Bispo Odoario (Porta do Hospital) e entrada no Centro Histórico saíndo por San Marcos e San Fernando e Rúa do Teatro e a Porta da Estación e estación de ferrocarril cara aos seus destinos correspondentes.
Relación de liñas que circulan o domingo:
3AE Ramil-Acea de Olga
4E Tolda - Abella
5E Gándaras-Campiña -Cemiterio
6E Montiron-Residencia-Cheda
8E Carqueixo-Caraveis
11E Calde- Piringalla -Albeiros
Para dar un mellor servizo aos cidadáns e aos comensais que van ao COMILONUN as liñas arriba indicadas entrarán no Centro Histórico pola Porta da Estación e Bispo Odoario, realizando a saída por San Fernando e Rúa do Teatro respectivamente.
As Liñas 3AE, 4E, 5E, 6E, 8E e 11E procedentes da Tolda, Gándaras-Campiña, Carqueixo, e Estación de Autobuses respectivamente entrasen ao recinto amurallado por Rúa do Teatro, San Marcos e saída por San Fernando cara aos seus destinos.
A liñas 3AE, 4E, 5E, 6E, 8E E 11E procedentes da Avda. da Coruña, Abella, Cemiterio, Cheda, Caraveis, Piringalla e Albeiros respectivamente, entrasen ao casco Histórico por Porta do Hospital (Bispo Odoario) para desde aquí dirixirse aos seus destinos.
As liñas 3AE, 4E, e 11E, para ir cara a Ramón Ferreiro, desde o centro da cidade circulasen por Porta da Estación, Estación FF.CC., Avda. Fontiñas, Avda. de Madrid e R. Ferreiro (Irmáns Pedrosa) onde darán a volta cara a Fingoy, A Tolda, etc