A peonalización da Milagrosa, o proxecto do Goberno de Lara Méndez para darlle a Lugo unha utilidade máis aló da de cidade, a de conexión social da veciñanza

Trátase dunha medida máis para continuar humanizando a cidade, que conta cun orzamento de 220.000€ e un prazo de execución de 6 meses. Supón continuar no camiño de colocar a Lugo na tendencia das cidades camiñables europeas

Peatonalizarase o tramo da rúa Milagrosa, entre Doutor Yáñez Rebolo e Curros Enríquez, dando continuidade á Praza da Milagrosa e á rúa Divina Pastora. Crearase unha zona axardinada, conservarase o arboredo existente, colocaranse bancos e papeleiras, e sustituirase parte da iluminación por unha de maior eficiencia

"Falar de humanizar é falar de equilibrar a mobilidade, a sostibilidade e a socialización, e con esta actuación cumprimos as tres premisas", subliñou a Alcaldesa, quen lembrou que "celebramos 30 anos da Carta Europea dos Dereitos do Peón, cun proxecto pensado para eles, para as persoas"

Xoves, 05 de abril de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A peonalización da Milagrosa, o proxecto do Goberno de Lara Méndez para darlle a Lugo unha utilidade máis aló da de cidade, a de conexión social da veciñanza

O Goberno de Lugo quere recuperar a esencia dunha cidade, definida, principalmente, pola existencia de espazos públicos para o seu uso público. Con este obxecto se desprazou este xoves a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, á Milagrosa, onde presentou o proxecto de peatonalización "da praza máis emblemática deste barrio", unha medida máis do equipo liderado por Méndez para continuar humanizando Lugo.

Na presentación, a rexedora, quen estivo acompañada do Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, e o Enxeñeiro Municipal, Pablo Fuentes, ante a atenta mirada de medio cento de veciños e veciñas; explicou que se peatonalizará o tramo da rúa Milagrosa, entre a rúa Doutor Yáñez Rebolo e Curros Enríquez, dando continuidade á Praza da Milagrosa e á rúa Divina Pastora, cuxa peonalización permitiu xa no seu día dinamizar esta zona. Para elo, a Alcaldesa indicou que é precisa a reurbanziación total do espazo, dado a disparidade de pavimentos existentes e a distintos niveis, calzada e beirarrúa, con diversas pendentes; para facelo continuo e permitir ademais a correcta evacuación das augas.

O proxecto contempla ademais dar solución aos distintos elementos de mobiliario da praza, como o quiosco, xogos e bancos, "todo elo para satisfacer as necesidades de funcionalidade dun espazo humanizado, para dar unha nova zona de reunión, de esparexemento e de lecer".

A peatonalización deste tramo de rúa supón unha reorganización do tráfico rodado, definindo entre outros, o recorrido do autobús urbano e a ubicación da parada, no que se está traballando dende a Comisión de Tráfico.

A Praza da Milagrosa pavimentarase cun material urbano ecolóxico fabricado con elementos de reciclaxe, unha premisa enmarcada dentro do compromiso que ten o Goberno cun desenvolvemento respectuoso co medio ambiente. Un dos obxectivos que o Concello baralla con este proxecto é manter o arboredo actual e os espazos de descanso, á sombra, de hoxe en día. Para elo, crearase unha zona axardinada no lado este, dotada de céspede e rego automático, conservando as árbores existentes e dispoñendo o mobiliario na súa contorna "para non soamente manter, senón potenciar, os espazos de reunión". Tamén se colocarán bancos de madeira e papeleiras. A zona de xogos retirarase da ubicación actual e esta zona pavimentarase a nivel co frente da igrexa, canalizando o tránsito peonil entre esta zona e a rúa Divina Pastora.

Tamén, pensando en que as obras son para todos os veciños e veciñas, a praza de aparcadoiro reservado a persoas con mobilidade reducida siturarase na rúa Doutor Yáñez Rebolo, próxima ao paso de peóns, o que garante un itinerario accesible ata a praza. De feito, no paso peonil da rúa Milagrosa colocaranse baldosas con botóns de cor vermello, para facilitar a inclusividade.

Manteranse os puntos de luz en fachada e substiturianse as farolas existentes por un modelo de maior eficiencia, con iluminación LED, dentro da política municipal de conseguir unha cidade enerxética sostible.

Ademais, a zona de carga e descarga situarase no tramo da rúa Milagrosa, entre as interseccións con Doutor Yáñez Rebolo e rúa Mallorca, o que permite un acceso cómodo aos negocios.

O orzamento deste proxecto é de 220.000 euros e o prazo de execución son 6 meses. Realizarase a través das modificacións de crédito aprobadas polo Pleno Municipal.

Lugo, cara a tendencias das cidades camiñables europeas

Ademais, este proxecto para a Milagrosa supón continuar no camiño de colocar a Lugo de cara a tendencia das cidades camiñables europeas, algo importante que conxuga beneficios asociados á calide de vida, ao incremento da actividade económica e do turismo e á mellora dos desprazamentos.

"Falar de humanizar é falar de equilibrar a mobilidade, a sostibilidade e a socialización, e con esta actuación cumprimos as tres premisas", continuou a Alcaldesa, ao tempo que facía referencia á Carta Europea dos Dereitos do Peón de 1988, na que se poñía de manifesto que a persoa ten dereito a que se reserven certas zonas urbanas para o seu uso exclusivo. "30 anos despois desta carta presentamos este proxecto peonil urbano, de relevancia tanto para o centro neurálxico do propio barrio como para Lugo, pois este espazo terá a partir de agora unha utilidade máis aló da cidade en si mesma: a de vida económica e conexión social dos nosos veciños e veciñas", concluíu.

Audio

  • A Alcaldesa sobre a peonalización da Milagrosa | Descargar mp3

Máis info

Multimedia

  • A peonalización da Milagrosa, o proxecto do Goberno de Lara Méndez para darlle a Lugo unha utilidade máis aló da de cidade, a de conexión social da veciñanza
  • A peonalización da Milagrosa, o proxecto do Goberno de Lara Méndez para darlle a Lugo unha utilidade máis aló da de cidade, a de conexión social da veciñanza

Noticias relacionadas