Penarrubia contará neste ano con rede pública de abastecemento grazas ao Goberno

Lara Méndez e Miguel Fernández mantiveron un encontro con veciños e veciñas deste núcleo, da parroquia de Orbazai, para avanzarlles o proxecto de acometida prevista, cun orzamento de 105.000 euros

Domingo, 24 de febreiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Penarrubia contará neste ano con rede pública de abastecemento grazas ao Goberno

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Voceiro Municipal e Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, mantiveron un encontro coa veciñanza do núcleo de Penarrubia, na parroquia de Orbazai, onde o Concello completará a dotación da rede municipal de abastecemento de auga aos preto de 230 veciños e veciñas desta parroquia, unha das máis poboadas de todo o municipio. A acometida prevista para este núcleo, o único de Orbazai que resta por contar con este servizo, servíndose os seus habitantes de pozos particulares; ten un orzamento de 105.000 euros, que se financiará con remanentes, e un prazo de execución de 3 meses.

De feito, nesta xuntanza, Méndez e Fernández, acompañados dun técnico municipal, explicáronlles aos veciños e veciñas o proxecto, que contempla a conexión das tuberías nun punto coa rede municipal existente, configurándose basicamente como unha rede ramificada. Para evitar sedimentacións dentro da rede, inclúese nos finais de cada ramal bocas de riego ou de incendio, para realizar limezas frecuentes. Tamén se proxecta a instalación dunha válvula de comporta nun punto da rede no inicio do ramal, que permitirá o peche en situacións anómalas. Contémplase, así mesmo, a instalación de boca de riego e boca de incendios. A totalidade da rede proxéctase en tubaría de polietileno, cuxo traza discorrerá por pistas municipais pavimentadas. A zanxa para a instalación executarase nun dos bordes da calzada e as zanxas para as acometidas domiciliarias realizaranse de forma perpendicular ao eixo do vial.

Nesta parroquia, o Goberno de Lara Méndez acometeu as obras para o subministro en A Malladoira, Taboelle e O Cabalo, prevendo no seu proxecto de Orzamentos de 2019 investimentos por 1M€ para a dotación e mellora de servizos nas 54 parroquias de Lugo, como iluminación, asfaltado, roza, abastecemento ou saneamento.

Este compromiso do Goberno local co rural contrasta co da Xunta, que, dos 5M€ que achegou neste mandato o Concello en concepto do canon da auga, que é finalista, reverteu cero en investimentos en Lugo.

Noticias relacionadas