Pedro García Aguado, coñecido como Hermano Mayor, impartirá unha charla no Vello Cárcere

A sesión, baixo o título Aprender e educar, será o 15 de setembro, das 11:30 ás 13:30 horas. Estará acompañado do educador Francisco Castaño. A entrada é de balde ata completar aforo

 A charla enmárcase na programación do +Xtí, que tamén contempla un Ciclo de cinema alucinado (do 11 ao 13 de setembro) o I Encontro de mozos creadores (do 19 ao 21),  unhas xornadas sobre adiccións sen sustancia (21, 25 e 27 de setembro) tenis de mesa, os venres deste mes

Venres, 07 de setembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
 Pedro García Aguado, coñecido como Hermano Mayor, impartirá unha charla no Vello Cárcere

Coñecido polos programas de televisión nos que participa, Pedro García Aguado, ao que lle chaman Hermano Mayor, polo espazo co que saltou a fama, impartirá unha charla no Vello Cárcere. Así o deu a coñecer a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, quen avanzou que en dita sesión, baixo o título Aprender e educar, estará acompañado do educador Francisco Castaño. Será o 15 de setembro, das 11:30 ás 13:30 horas. A entrada é de balde ata completar aforo.

Perdo García Aguaado e Francisco Castaño explicarán ás persoas asitentes unha serie de pautas encamiñadas a que os rapaces e razas sexan unhas persoas autónomoas, responsbles, ricas en valores e con capacidade para manexarse na adversidde; abordando para elo as normas e os límites, ou a educación en valores. A charla está dirixida a estudantes, familias, profesorado e interesados na educación e enmarcada na programación do +Xtí, subvencionada polo Plan Nacional de Drogas.

Baixo o +Xtí, o Concello tamén ten programado un ciclo de cinema alucinado os días 11, 12 e 13 de setembro, a partir das 18:30 horas. É un proxecto que pretende contribuir ao desenvolvemento integral dos seres humanos, combinando a parte lúdica coa parte educativa, tendo como medio o audiovisual, que polas súas características, é un potente elemento de motivación. Deste xeito, o ciclo pretende analizar as adiccións, enfocadas desde as cinco preguntas clave: que, quen, cando, onde e porque; para, a partir de aí, poder debater e facer propostas construtivas. Os filmes que se exhibirán son Leaving Las Vegas (día 11), Christiane F.  (día 12) e Requiem for a dream (día 13). Tras a exhibición haberá un debate.

Este mesmo espazo acollerá o I Encontro de Mozos Creadores, entre o 19 e o 21 de setembro, tanto en xornada de mañá como de tarde, nas celdas da segunda pranta. Participarán os artistas David Catá, Sabela Eiriz, Basilisa Fiestras, Gema López e Iván Mouronte. Trátase de levar a cabo unha residencia artística de tres días na que haberá unha exposición colectiva, creación artística en directo e charlas informais.

Para rematar o mes, os días 21, 25 e 27 de setembro, celebraranse unhas xornadas sobre adiccións sen sustancia, tamén no Vello Cárcere, dende as 19:00 horas. Entre os poñentes está Mariano Choliz e Marta Moliner, que falarán sobre o xogo patolóxico e xogo online, anonio Rial, sobre novas tecnoloxías e una especialista do HULA sobre adicccións comportamentais.

A maiores, o +Xtí tamén contempla tenis de mesa, todos os venres de setembro, das 16:30 ás 21:30 horas, na Casa da Xuventude.

Documento

Audio

Multimedia

  •  Pedro García Aguado, coñecido como Hermano Mayor, impartirá unha charla no Vello Cárcere
  •  Pedro García Aguado, coñecido como Hermano Mayor, impartirá unha charla no Vello Cárcere

Noticias relacionadas