Pecha a inscrición para a excursión á aula da natureza do Veral

Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo realizará unha viaxe á aula da natureza do Veral, organizada dentro das actividades de Animación Sociocultural da Concellería de Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre. Esta excursión terá lugar o 20 de xuño, entre as dez e a unha da mañá.

Esta excursión está destinada a toda a poboación a través dos centros sociais municipais de Lamas de Prado, Fingoi, Uxío Novoneyra e Milagrosa, cun límite de oito prazas por centro.

A inscrición para esta actividade, totalmente gratuíta, pode realizarse nestes mesmos centros sociais, onde haberá que cumplimentar o boletín de inscrición. O prazo de inscrición para a mesma pecha mañá, venres. Pode realizarse en horario de mañá (de dez a unha) e de tarde (de cinco a sete)

TEATRO

Por outra banda, o día 30 deste mes, mércores, o grupo Velaí tes teatro, dirixido por José Blázquez, representará a obra “Cousas de mulleres ou como tolear en tres actos”. A representación terá lugar ás sete e media da tarde no salón de actos do centro social Uxío Novoneyra.

Esta representación está aberta a todo o público e a súa entrada é libre e gratuíta, até completar o salón.

Velaí tes teatro é o grupo de adultos formado neste centro social mediante os obradoiros de teatro que se ofrecen de xeito habitual nas sucesivas programacións de animación, que mantén a Concellería de Benestar Social.

Noticias relacionadas