A patrulla verde da Policía Local recolle un can en situación de desamparo dentro dun domicilio

Xoves, 12 de xuño de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Axentes da Policía Local en colaboración co servizo de lacería da Sociedade Protectora de Animais recolleron un can abandonado nunha vivenda da rúa Tunel de Oural, 39 o pasado día 6 de xuño.

Un veciño alertou aos axentes  que neste inmoble había un can atado na cociña, sin comida e en situación de abandono, xa que dende había uns días a inquilina faltaba do mesmo descoñecendo o seu paradoiro.

Os axentes investigan estes feitos e póñenos en coñecemento do Xulgado Contencioso Administrativo para pedir a autorización e poder entrar neste domicilio a rescatar o can.

Recibido o Auto Xudicial,  un axente acompañado do laceiro acceden a vivenda,  onde se atopaba un can de raza cruce con  pekinés e  nunha gaiola pendurada nunha parede os cadáveres de dous xílgaros en estado de descomposición.
O can, que presentaba un estado de desnutrición moderada e carecía de microchip, foi trasladado á Protectora de Animais para o seu coidado.

Os axentes siguen investigando o paradoiro da muller, A.P.L., que tiña alugada a vivenda desde hai anos e os motivos que puideron motivar este abandono. Tamén para formular a correspondente denuncia por abandono de animais.

Noticias relacionadas