Participación habilita unha carpa na Praza da Soidade para realizar o Mercado Tradicional

Cristina López: “a partir do venres o Mercado Tradicional celebrarase na Praza da Soidade” 

A carpa ten un aforo de 44 postos, cumprindo todas as medidas de distanciamento social marcadas polas autoridades sanitarias

Venres, 12 de febreiro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Participación habilita unha carpa na Praza da Soidade para realizar o Mercado Tradicional

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, informou do desenvolvemento do Mercado Tradicional a partir da vindeira semana, e que se manterá mentres duren os traballos de reforma do soto da Praza de Abastos. Desde a área de Participación habilitouse esta mañá unha carpa na Praza da Soidade, na que a partir do venres 19 se colocarán as distintas vendedoras do Mercado Tradicional.

Cristina López explicou que “a carpa habilitada ten cabida para 44 postos, polo que todas as persoas que estaban acudindo ao Mercado Tradicional poderán contar co seu espazo de venta”. A edil de Participación explicou que “a disposición dos postos realizarase de xeito que se teña en conta a separación necesaria para garantir o cumprimento da distancia de seguridade interpersoal entre as vendedoras e as persoas que se acheguen a mercar”.

O Mercado Tradicional ten lugar nas mañás dos martes e dos venres, entre as 8:30 e as 14:30 horas. Os produtos que se venden neste mercado son os propios da colleita, que cumpren a normativa sobre seguridade alimentaria e contan coas autorizacións en vigor, engadíndose á oferta de produtos de primeira calidade que se poden atopar na Praza e no Mercado  de Lugo.

Multimedia

  • Participación habilita unha carpa na Praza da Soidade para realizar o Mercado Tradicional

Noticias relacionadas