Parte cara a Vimianzo e Malpica a segunda das excursións á praia subvencionadas polo Concello

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira despediu aos veciños e veciñas de Lugo que gozarán dunha xornada lúdica e cultural

A próxima excursión terá lugar o día 3 de agosto á localidade de As Pontes e ás praias de Ferrol

Mércores, 27 de xullo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Parte cara a Vimianzo e Malpica a segunda das excursións á praia subvencionadas polo Concello

Ana González Abelleira, acudiu este mércores as 9 da mañá á Praza de Bretaña para despedir ao medio cento de veciños da nosa cidade que participan na segunda das excursións subvencionadas polo Concello de Lugo.

Durante todo o verán, a poboación lucense poderá acudir a estas viaxes a zonas de praia, cunha componente cultural ao mesmo tempo; todo isto dun xeito económico, xa que os beneficiarios destas activiadades só teñen que aboar a cantidade de 4,12 euros.

A vindeira excursión será o próximo mércores día 3 de agosto. Neste caso a visita será á localidade coruñesa de As Pontes e a distintas praias da contorna de Ferrol. O 17 de agosto, tamén mércores, os interesados neste programa poderán gozar dos fermosos paraxes de San Cibrao, con parada na monumental cidade de Mondoñedo. Como en todos os casos, de facer mal tempo, o Concello pon a disposición dos viaxeiros unha alternativa acorde coa climatoloxía.

Noticias relacionadas