Palimoco Teatro presenta Mil pasos dentro do programa de Arde Lucus

Venres, 20 de xuño de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Palimoco Teatro representará hoxe a obra Mil pasos no atrio da Catedral dentro do programa de festas de Arde Lucus MMVIII organizado pola Concellería de Xuventude que dirixe Carmen Basadre.

Haberá un total de sete pases de 35 minutos de duración ao longo da fin de semana:
Venres 18:30-20:30
Sábado 12:00-20:00 e 21:00
Domingo 12:00 e as 17:00

Miles de pasos. “O Rato de Biblioteca”, conta a historia de Horacio, bibliotecario maior e retirado garda con moito receo os seus libros, tanto que non deixa que ninguén se acerque a eles. Horacio é maior, vai canso de loitar, é querido admirado e odiado. Estivo sempre acompañado na súa vida dos seus libros e da súa axudante, Uxia, da que estivo completamente namorado, magoa que nunca llo dixera, agora dela, só lle queda a súa foto. 

Victor Iglesias, estudante de último ano na Escola Ramón Falcón de Lugo. Ten que facer o seu proxecto de fin de carreira cunha estatua de conmemoración da cidade.  
Como máis veces ten pasado cos estudantes artistas chama a Horacio. 

Os libros reciben a chamada con moita ilusión, tratando de convencer a Horacio de que esta vez non colgue...o libro tolo quere liberdade. 

Horacio cede, e aceptará ver ao estudante altamente documentado por internet. 
Xuntos cos libros de Horacio visitaran aos corpori, aos romanos (cos mosaicos, o acueducto, e os ritos funerarios) até  achegada no día de Pascua dos suevos...

Noticias relacionadas