As palabras do ano colócanse na rúa Menorca facendo referencia ao ano en que forón escollidas

A escolla da Palabra do Ano foi posta en marcha no 2014 e última elixida foi Nós no ano 2020

Rubén Arroxo: "puxemos en marcha esta iniciativa para poñer en valor a lingua galega e para visibilizar esta iniciativa anual do Portal das Palabras"

Domingo, 23 de maio de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
As palabras do ano colócanse na rúa Menorca facendo referencia ao ano en que forón escollidas

O Tenente Alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, xunto con Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua e Alexandre Penas, edil de Infraestruturas, visitaron a rúa Menorca onde se veñen de instalar as distintas palabras do ano escollidas desde o 2014 ao 2020. A rúa Menorca foi o lugar escollido por tratarse dunha rúa peonil e moi transitada "queremos darlle un pulo ao barrio da Milagrosa, a xente debe disfrutar cando camiña e o galego debe incluirse como parte dos xogos de rúa" dixo Rubén Arroxo.

Rubén Arroxo afirmou que "con esta iniciativa queremos seguir coa mellora da imaxe da cidade ao mesmo tempo que poñemos en valor un símbolo tan importante como a lingua galega". "Seguiremos colocando, cada ano, a palabra que a Real Academia designe como palabra galega máis utilizada" dixo Rubén Arroxo que engaidiu "o futuro da nosa lingua está vivo e as palabras de cada ano pasan a formar parte do idioma xa que sintetizan parte da realidade de cada época". A Palabra do Ano é escollida no Portal das Palabras cada ano. En 2012, a RAG e a Barrié, asinaron un convenio de colaboración en materia de lexicografía. Modernizar os sistemas de investigación, acometer novos traballos, elaborar aplicacións e promover o Portal das Palabras. Froito do anterior, entre outras producións, elixese a palabra do ano e conta con outra ferramentas como o Dicionario electrónico e a versión para móbiles e tablets.

Para a colocación das palabras utilizouse un material duradeiro e que permitirá unha boa e sinxela visibilidade do texto. Ademais respetase, como non podía ser doutro xeito, o pavimento da rúa Menorca. Vai acompañando a cada verba o ano no que foi nomeada pola Real Academia, na ferramenta do Portal das Palabras, como palabra do ano. O Portal das Palabras é un proxecto da Real Academia Galega e a Fundación Barrié para a divulgación do léxico da nosa lingua. Cada semana, desde esta plataforma ambas as institucións ofrecen xogos, vídeos e outros contidos divulgativos que conectan o léxico galego coa realidade coti.

Palabra do Ano

A escolla da Palabra do Ano comezou no ano 2014, a través do Portal das Palabras posto en marcha pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié. A elección é realizada, cada ano, atendendo ao Portal das Palabras, a páxina web para a divulgación do léxico galego da Real Academia Galega e a Fundación Barrié. As seis palabras do ano escollidas até o de agora son: corrupción (2014), refuxiados (2015) , irmandade (2016) , afouteza (2017) , deseucaliptización (2018) , sentidiño  (2019) e Nós (2021) . A última das palabras gañadoras, Nós, fai referencia a toda unha xeración e Castelao titulou, con acerto, os debuxos deste proxecto co pronome tónico da primeira persoa do plural porque as tres letras que o conforman abondan para retratármonos como pobo, como cultura.

Audio

  • O concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, sobre as "Palabras do Ano" | Descargar mp3

Multimedia

  • As palabras do ano colócanse na rúa Menorca facendo referencia ao ano en que forón escollidas

Noticias relacionadas