A oscarizada Volver continuará co ciclo de cine Videoforum xuvenil

Mércores, 06 de agosto de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Mañá xoves, 7 de agosto, continúa o ciclo de cine Videoforum, organizado pola Concellería de Xuventude que dirixe Carmen Basadre, e que está dirixido aos mozos e mozas lucenses maiores de 12 anos.

Nesta proxección, que terá lugar ás 19:30 horas no Centro Social Díaz de Castro, os asistentes poderán disfrutar coa película Volver.

O doblemente oscarizado Pedro Almodovar mostra neste filme un compendio de emocións dosificadas con maestría. Do exceso pásase á contención, do melodrama á comedia máis hilarante, do surrealismo ao retrato sociolóxico. Volver é un grato paseo pola vida, vista dende un punto de vista dun observador nato que, sen embargo, non renuncia aos extremos e a poñer matices autobiográficos a aquello que se ve e nos quere contar.
           
Un dos máis famosos tangos de Gardel inspira o título desta nova creación do director manchego. Este poema transformado en canción e en película deixará un bo recordo aos aistentes coa interpretación dun elenco de luxo: Penélope Cruz (Raimunda), Carmen Maura (Abuela Irene), Lola Dueñas (Sole), Blanca Portillo (Agustina), Yohana Cobo (Paula), Chus Lampreave (Tía Paula), María Isabel Díaz (Regina), Neus Sanz, Pepa Aniorte, Yolanda Ramos, Antonio de la Torre, Carlos Blanco..

Noticias relacionadas