Os soportais da Praza Maior acollerán este sábado o espectáculo Contos vellos, novos finais, do narrador oral Caxoto

Os soportais da Praza Maior acollerán este sábado o espectáculo Contos vellos, novos finais, do narrador oral Caxoto

A actuación, prevista no Parque de Rosalía ás 12:30 horas, cambia a súa ubicación debido á previsión de choivas. Enmárcase na iniciativa posta en marcha polo Concello para fomentar a igualdade e a tolerancia entre o público infantil

Xoves, 03 de decembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Os soportais da Praza Maior acollerán este sábado o espectáculo Contos vellos, novos finais, do narrador oral Caxoto

O espectáculo da man do narrador oral Caxoto, programado para este sábado, 5 de decembro, no Parque de Rosalía, ás 12:30 horas, muda de lugar, dadas as altas previsións de choiva. Será nos soportais do Concello, na Praza Maior. Mantén o mesmo horario. Está dirixido a público infantil (familiar) e baixo o título de Contos vellos, novos finais, este espectáculo, que ten unha duración dunha hora, traballa en rachar cos estereotipos de xénero e afondar na igualdade.

Este é a cuarta sesión deste espectáculo pola igualdade, organizado pola área de Xuventude e a Casa da Muller. A entrada é libre ata completar aforo.

Os modelos de comportamento que se adquiren a idades temperás van condicionar a construcción da identidade persoal dos menores, e por iso, o Concello fomenta estas iniciativas que traballan na igualdade positiva, a través dun contacontos en igualdade e tolerancia, con gran potencial como ferramenta de aprendizaxe de valores, nos que aprender a eliminar o rasgo sexista.

Noticias relacionadas