Os servizos xurídicos municipais avalían as responsabilidades xurídicas pola situación irregular dos MUPIS

Na Comisión de Contas trasladouse aos grupos da oposición que o Goberno local tamén estuda se a nova concesión deste servizo levará consigo colocar nos paneis só información institucional ou mixta

Venres, 25 de xaneiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo puxo en mans dos servizos xurídicos municipais o estudo das accións a emprender pola situación irregular na que se atopa a explotación publicitaria dos MUPIS. Así llo transmitiu o Goberno aos grupos de oposición na Comisión de Contas celebrada este venres.

Os servizos municipais xa advertiran á empresa concesionaria o fin do contrato e que polo tanto, o problema non era de responsabilidade contractual senón de responsabilidade xurídica.

Tamén se explicou que o Goberno local está a estudar se a cidade necesita máis MUPIS ou non para sacar a contratación a subministración de material ou se, pola contra, só é necesario xestionar a publicidade. Así mesmo, avalía se os MUPIS levarán só información de carácter institucional ou se a publicidade nos paneis será mixta como foi con esta concesión.

Noticias relacionadas