Os seis museos municipais de Lugo celebran mañá o Día Internacional dos Museos con música e ampliación de horario

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, que dirixe Carmen Basadre, festexará este sábado o Día Internacional dos Museos, que se conmemora o día 18 de maio.

Venres, 15 de maio de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Con tal motivo, todos os museos municipais ampliarán o seu horario mañá ata as 20.30 horas e tamén se celebrará un concerto en cada un deles.

A programación é a seguinte: no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) actuará a escola de música de Fingoi ás 19.30; na praza do Campo, fronte ó Centro de Interpretación da Muralla, coincidindo coa saída dos visitantes, ás 20.30, actuará o conxunto vocal LUGH; e, a partir das 19.45, na Casa dos Mosaicos actuará a violinista Tania Capón; na Domus do Mitreo, a violonchelista Paula Rancaño; na Sala Porta Miñá, o violinista Hugo Rodríguez e no Centro Arqueolóxico de San Roque, a violonchelista Cristina Nogueira.

Noticias relacionadas