Os Reencontros Musicais Facela cambian de ubicación debido á previsión meteorolóxica

O ciclo, co que colaboran as áreas de Cultura do Concello e da Deputación, celebrarase no auditorio municipal Gustavo Freire

Os concertos serán de asistencia gratuíta e a entrada poderá retirarse na Oficina Municipal de Turismo

Xoves, 27 de agosto de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Os Reencontros Musicais Facela cambian de ubicación debido á previsión meteorolóxica

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua e deputada de Cultura, Maite Ferreiro, informou que os concertos do ciclo Reencontros Musicais Facela cambiarán de ubicación debido á previsión meteorolóxica. “O 28 e 29 de agosto poderemos desfrutar dunha aposta cultural e diversa, para todas e todos que manterá viva a esencia do Facela evitando grandes concentracións de xente”, afirmou Maite Ferreiro.

O primeiro concerto dos Reencontros Musicais Facela terá lugar o venres 28 a partir das 20:30, con Gancho Sanches e                                                           Ian Kay, e o sábado 29 será a quenda de Pauline en la Playa e Bigott. As entradas serán gratuítas, máis deberán retirarse con antelación na Oficina Municipal de Turismo, cun máximo de dúas por persoa. Maite Ferreiro informou que “debido ao cambio de ubicación tamén podemos aumentar a cabida, pasando de 100 e 200 persoas nas ubicacións orixinais a 242 en ambos concertos no Gustavo Freire”.

Gancho Sanches

Tal e coma sempre formou parte do  Fa Ce La Fest, xermolo deste ciclo de concertos, a aposta polas bandas galegas, este ciclo contará coa banda de Psych-Folk Chantadina Gancho Sanches, que demostrarán unha vez máis co seu directo que o galego se adapta de forma marabillosa a calquera estilo de música.

Ian Kay

Chegará coa súa banda para presentarnos en "Walk that road again" producido e gravado en Los Ángeles. Música que nos fala de historias de amor persoal, a través da angustia, despertares groseiros e outras relacións disfuncionais. Historias punkish e as veces provocativas.

Pauline en la Playa

É un grupo de música pop asturiano composto polas irmás Mar e Alicia Álvarez, que toma o nome do filme francés Pauline na praia (Éric Rohmer, 1983). Un concerto moi especial, dun grupo que non se prodiga moito nas súas actuacións en directo.

Bigott

O artista zaragozano presentará en Lugo o seu derradeiro disco “This is all wrong”(2020), publicado xusto antes da crise sanitaria; disco preciosista e atemporal que nada entre o twee pop e o folk.

Audio

  • Maite Ferreiro, sobre os Reencontros Musicais Facela | Descargar mp3
 

Noticias relacionadas