Os participantes na Volta solidaria a España polas enfermidades raras chegan a Lugo

Mércores, 25 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Os participantes na Volta solidaria a España polas enfermidades raras chegan a Lugo

Os participantes na Volta solidaria a España polas enfermidades raras, chegaron este mércores a Lugo, comezando o seu percorrido pola cidade na Praza do Cantiño. Posteriormente, subiron ao adarve da Muralla e deron unha volta por este ben declarado Patrimonio da Humanidade. Realizaron un percorrido duns cinco quilómetros aproximadamente.

Finalizaron na Praza Maior, diante da Casa do Concello, onde foron recibidos polos Concelleiros de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, e de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, que os animaron a seguir loitando. Logo realizaron a lectura dun manifesto, onde fixeron visibles as reivindicacións dos enfermos destas doenzas, que padecen uns tres millóns de persoas en España.

Noticias relacionadas