Os parques da Milagrosa e Rosalía de Castro pechan esta fin de semana por mor da alerta por refachos de vento de 80 km/h

O Concello manterá a medida dende as 10:00 horas de mañá sábado ante a alerta amarela prevista pola AEMET

Venres, 18 de novembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo informa de que a partir das 10:00 horas de mañá sábado, 19 de novembro, permanecerán pechados os parques públicos da Milagrosa e Rosalía de Castro, como medida de prevención para garantir a seguridade cidadá ante a alerta amarela prevista pola Axencia Estatal de Metereoloxía (AEMET), debido a ventos con refachos de ata 80 Kms/h na zona centro de Lugo. Procederase á apertura de ditos parques o domingo ou luns, en canto o determinen os servizos de emerxencia municipais. 

Noticias relacionadas