Os mellores judokas españois competirán en Lugo para o título do Campionato de España

Venres, 11 de xaneiro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou xunto ao Delegado da Federación de Judo, José Luis Díaz, o V Trofeo Cidade de Lugo dentro do Campionato de España absoluto do sector oeste.

O edil destacou que “Lugo acollerá esta importante xornada de judo que contará coa presencia duns douscentos atletas de primeiro nivel”. Este deporte conta con cinco federacións na provincia, das que catro están na cidade. A práctica desta modalidade está moi consolidada en Galicia ao contar con máis de cinco mil deportistas federados dos uns 300 son lucenses.

O torneo terá lugar este sábado, 12 de xaneiro, a partir das 17:00 horas no Pavillón Municipal Infanta Elena. Esta proba puntua para o campionato nacional feminino e masculino , polo que estarán presentes en Lugo os mellores representantes desta arte marcial.

Noticias relacionadas