Os máis de 250 anos da feira e das festas do San Froilán, nunha exposición nas rúas de Lugo

A Corporación Municipal inaugurou a mostra Da feira á festa. Historia gráfica do San Froilán, que acolle de xeito paralelo as prazas do Ferrol, Maior, da Constitución, de Santo Domingo e a rúa Bispo Aguirre ao longo dos festexos

Mércores, 05 de outubro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Os máis de 250 anos da feira e das festas do San Froilán, nunha exposición nas rúas de Lugo

A Corporación Municipal inaugurou este mércores a mostra Da feira á festa. Historia gráfica do San Froilán, a nova exposición que acolle de xeito paralelo a Praza do Ferrol, a Praza Maior, a Praza da Constitución, a Praza de Santo Domingo e a rúa Bispo Aguirre durante os festexos de San Froilán. Á inauguración tamén asistiu a Deputada de Cultura, Pilar García Porto.

Da feira á festa. Historia gráfica do San Froilán trátase dunha mostra, organizada polo Concello, que reflicte os máis de 250 anos de historia do San Froilán, que presenta un percorrido histórico pola festa dende as súas orixes, como unha das feiras máis importantes de Galicia, ata a actualidade, como unha das festas máis fermosas do outono galego.

Na Praza do Ferrol, os visitantes poden coñecer a vida e a memoria do patrón de Lugo, San Froilán; na Praza Maior, a concesión da feira franca, na Praza da Constitución, as primeiras feiras na cidade, na Praza de Santo Domingo, as festas, e en Bispo Aguirre, a publicidade, os carteis e programas destas festas que este ano inclúen máis de 200 actividades ata o vindeiro mércores.

Noticias relacionadas