Os informes técnicos sobre o incendio do Ceao descartan que a súa magnitude tivera relación coa situación da rede municipal de Augas

A tenente de alcaldesa, Paula Alvarellos, expuxo na Comisión de Contas as conclusións dos documentos que “ratifican que a xestión do lume, vistas as naves afectadas e os materiais que almacenaban e que arderon, foi un éxito”.

Venres, 23 de xullo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Os informes técnicos sobre o incendio do Ceao descartan que a súa magnitude tivera relación coa situación da rede municipal de Augas

A tenente de alcaldesa e concelleira de Gobernanza, Paula Alvarellos, trasladou hoxe á Comisión de Contas as principais conclusións dos informes realizados polo Xefe do Parque de Bombeiros e polo Servizo de Enxeñería sobre o incendio do Ceao para analizar, por unha banda, a actuación realizada polo Servizo de Prevención e Extinción de Incendios e Salvamento no que ten que ver cos medios humanos, materiais, a estratexia empregada e a resolución da intervención e, pola outra, as cuestións técnicas relativas á rede de subministración de auga no Parque Empresarial.

“Ambos documentos conclúen que a xestión do incendio, tendo en conta as naves afectadas e os materiais que estas tiñan almacenados e que combustionaron, foi un éxito. No primeiro caso, tanto no que ten que ver coa mobilización de efectivos e dotacións, así como no operativo desenvolvido e o tempo empregado ata a súa total extinción. E no segundo, o análise efectuado pon de manifesto a inexistencia dunha relación directa entre o funcionamento e o mantemento das redes de distribución e a suposta demora que alguén, terxiversadamente, quixo facer ver para comprometer o traballo profesional e rigoroso que se desenvolveu no seu abordaxe”, destacou a edil de Gobernanza.

“Co ánimo de propiciar a crispación social e de obter réditos políticos nun momento de máxima dificultade coma ese, os g