Os informes técnicos respaldan que a mellor fórmula para o ciclo da auga é un modelo de xestión directo combinado coa contratación dalgúns servizos

Martes, 03 de xuño de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde, José López Orozco, presidiu hoxe a segunda reunión da Comisión técnica constituída para debater sobre o novo modelo para a xestión do ciclo da auga, que se deberá poñer en marcha unha vez que a nova Lei de Administracións Locais impide a creación da proxectada Empresa mixta.

Tal e como se acordara na sesión coa que botou andar a Comisión, da que forman parte os tres grupos políticos da Corporación xunto con técnicos municipais e representantes dos traballadores, os servizos municipais de Contratación e de Intervención presentaron na reunión desta mañá os seus informes sobre os modelos posibles e sobre os seus custes. Á espera de que se presente unha última documentación pendente relativa ós custes de persoal que suporía a municipalización do servizo, feito que se producirá nuns días, volverá reunirse a Comisión nun prazo máximo de tres días.

O Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, explicou que coa información recabada ata o momento, os informes dos técnicos municipais avalan o modelo de xestión do ciclo da auga proposto polo Goberno local, que é partidario dun modelo que combine a xestión directa coa contratación dalgúns servizos concretos.
 
O Goberno local considera que, tendo en conta as limitacións na contratación de persoal, só esta fórmula permite garantir a prestación dun servizo de calidade e sen aplicar unha suba desorbitada nas tarifas. 

Dacordo coa información proporcionada polos servizos técnicos, esa é a mellor opción porque a xestión só con persoal municipai resulta inviable porque o Concello ten prohibido neste momento facer novas contratacións de persoal e a alternativa dunha concesión administrativa implicaría ter que facer unha suba sen precedentes nas tarifas que pagan os lucenses, posto que conleva garantir que a adxudicataria do servizo non terá déficit.

Noticias relacionadas