Os froitos dos obradoiros de animación sociocultural de Fingoi, nunha mostra ata o vindeiro día luns

Mércores, 31 de maio de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Os froitos dos obradoiros de animación sociocultural de Fingoi, nunha mostra ata o vindeiro día luns

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, mantiveron un encontro este xoves coas persoas participantes nos distintos obradoiros de Animación Sociocultural, organizados polo Concello, no Centro de Convivencia de Fingoi. Os traballos que realizaron ao longo do ano, entre os que se poden ver pinturas, fotografías, labores artísticos, manuais e de xardinería, entre outros, poderanse ver na aula polivalente destas instalacións ata o vindeiro luns, 5 de xuño.

Noticias relacionadas