Os deseños de cartel do San Froilán 2018, a votación popular ata o 21 de maio

As 17 obras que compiten pódense votar en www.sanfroilan.info ou accedendo a través do Facebook oficial destes festexos www.facebook.com/sanfroilan.info

Sábado, 12 de maio de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, ten aberta a votación popular do concurso de deseño gráfico para elixir o cartel que anunciará o San Froilán 2018, coa finalidde de facer cómplice e partícipe á sociedade na elección da imaxe desta festa declarada de Interese Turístico Galego e Nacional.

As 17 obras que compiten, pódense votar xa na web das festas patronais, www.sanforilan.info, ou accedendo a través do Facebook oficial destes festexos, www.facebook.com/sanfroilan.info, ata as 12:00 horas do día 21 de maio. Para poder realizar a votación soamente é necesario rexistrarse cun enderezo electrónico, o que permite un reconto de votos máis seguro.

Carmen Basadre convidou a cidadanía a participar na selección da que será a imaxe que anuncie O San Froilán, que se celebrará do 4 ao 12 de outubro.

Tal e como recollen as bases, tras esta votación popular, un xurado formado por tres persoas expertas seleccionará, entre as 10 de maior puntuación, a obra gañadora. O fallo levarase a cabo o 24 de maio ás 11:00 horas na Casa Consistorial, día no que tamén se seleccionará o cartel do San Froilán Miúdo. Como en edicións anteriores, o premio para o gañador ou gañadora ascende a 2.000 euros e para o neno ou nena gañadora do cartel do San Froilán Miúdo un premio adaptado á súa idade valorado en 300 euros.

Noticias relacionadas