Os deportistas lucenses regresan dos Xogos do Eixo Atlántico de Braga con 12 medallas, seis delas de ouro

O edil de Deportes, que acompañou á delegación, felicitou aos participantes, e dixo que “poden estar felices co traballo desenvolvido, xogando con respecto e deportividade”.

Nestes Xogos participaron 1.673 deportistas menores de 16 anos pertencentes a 26 localidades de Galicia e Portugal.

Martes, 16 de xullo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Os deportistas lucenses regresan dos Xogos do Eixo Atlántico de Braga con 12 medallas, seis delas de ouro

Os 63 deportistas de Lugo que participaron nos Xogos do Eixo Atlántico, que se celebraron en Braga, chegaron ao municipio con 12 medallas no seu haber nas categorías de atletismo, fútbol masculino e baloncesto masculino.

Durante a semana que duraron os xogos en Braga, os deportistas lucenses conseguiron 6 medallas de ouro en atletismo de ruta feminina, en lonxitude masculina, en 1.000 metros feminino e nos 1.000 masculino, en lanzamento de peso feminino e en 4x100 masculino. Ademais, gañaron 4 medallas de prata en lanzamento de peso masculino e en 100 metros feminino. Tamén obtiveron medalla de prata e trofeo en fútbol 7 masculino e en baloncesto masculino.

Ademáis, a delegación de Lugo competiu en natación e baloncesto feminino, onde quedaron entre os dez primeiros equipos.

En total, nestes Xogos participaron 1.673 deportistas menores de 16 anos pertencentes a 26 localidades de Galicia e Portugal, dos que 63 eran de Lugo e que foron seleccionados entre dos distintos clubs do municipio.

O concelleiro de Deportes, Miguel Fernández, que acompañou á delegación, felicitou a todos os participantes, e dixo que “poden estar felices co traballo e o esforzo desenvolvido, sempre xogando con respecto e deportividade” nestes xogos. “Sodes un exemplo de orgullo lucenses”, sostivo.

ATLETISMO:

Ruta:

Primeiras por equipos en Ruta Masculino e Feminino. Trofeo de campioas.

  • 1ª individual en Ruta Feminina Xela Martínez Domínguez. Ouro.
  • 3ª individual en Ruta Feminina Isabel Caeiro Mariño. Bronce.
  • 3º Antón Martínez Domínguez. Bronce.

Pista:

  • Lonxitude masculina 1º Adrián Villares Vázquez. Ouro.
  • En 1000 mts feminino 1ª Carmen González Fernández. Ouro.
  • En 1000 mts masculino 1º Iker González Núñez. Ouro.
  • En Lanzamento de Peso  masculino 2º Nicolás Arias Fernández. Prata.
  • En Lanzamento de Peso feminino 1ª Paula Piñón Sureda. Ouro.
  • En 100 mts Feminino 2ª Antia Pernas Rodríguez. Prata.
  • En 4x100 Masculino 1º .Ouro
  • Primeiros por equipos en Pista categoría masculina: Trofeo de campións.

FUTBOL 7 MASCULINO:

  • Subcampións. Trofeo e medalla de prata.

BALONCESTO MASCULINO:

  • Subcampións. Trofeo e medalla de prata

Ademais competiuse tamén en Natación e Baloncesto feminino quedando entre o dez primeiros equipos.

Noticias relacionadas