Os bombeiros de Lugo trasladan as súas condolencias aos compañeiros e familiares do bombeiro falecido onte en Oviedo

Venres, 08 de abril de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Os bombeiros de Lugo trasladan as súas condolencias aos compañeiros e familiares do bombeiro falecido onte en Oviedo

O Corpo de Bombeiros de Lugo expresou este venres a súa solidariedade coa familia de Eloy Palacio, o bombeiro falecido onte durante un incendio en Oviedo. Do mesmo xeito, os efectivos do Servizo de Extinción de Incendios amosaron a súa profunda consternación por este suceso e trasladaron as súas condolencias aos familiares, compañeiros e amigos do ámbito profesional, así como o seu recoñecemento polo servizo público que realizaba Eloy Palacio cando se derrubou o inmoble no que estaba traballando. 

Noticias relacionadas