Os autobuses do Concello de Lugo obteñen a certificación de calidade dos seus sistemas de xestión e respecto ao medioambiente

Luns, 22 de decembro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A noite de fin de ano o Concello porá en marcha o servizo de Bus Búho para que a xente deixe o coche na casa

O Concelleiro de Protección da Comunidade e Réxime Interior, José Rábade, recibiu hoxe o certificado de calidade ISO 14001:2004 e ISO 9000:2000 que acreditan cunha norma internacional o compromiso deste servizo coa calidade na xestión e o respecto ao medioambiente.

No acto estiveron presentes o presidente de Monbus, Raúl López, o xerente de Bureau Veritas, José Manuel Sánchez e o presidente da Asociación de hostalería, Francisco Real.

Rábade explicou que esta certificación "é o resultado da aposta que fixemos en favor da excelencia no servizo, sen dúbida o factor diferencial clave do transporte público en Lugo, que conta cunha flota completamente renovada de autobuses accesibles e co prezo máis baixo de toda Galicia. É tamén unha mostra do noso compromiso coa protección do contorno, un reto ao que estamos respondendo coa fixación de obxectivos máis esixentes que os marcados pola lexislación".

A norma ISO14001:2004 proporciona ás organizacións elementos para establecer un sistema de xestión ambiental que permita o control do impacto das súas actividades, produtos e servizos sobre o medio ambiente, mediante a prevención, redución ou eliminación dos mesmos.

Forma parte dunha serie de normas internacionais de xestión ambiental que cubre as seguintes áreas:

- Sistemas de Xestión Ambiental (SGA)
- Auditoría ambiental
- Declaración Ambiental y Eco-etiquetas
- Evaluación del desempeño ambiental
- Evaluación del ciclo de vida
- Comunicación ambiental
- Verificación de gases de efecto invernadero

ISO 14001 é o único estándar recoñecido internacionalmente para a Xestión Ambiental.

ISO 9000:2000 certifica a xestión de calidade do servizo mediante enquisas aos usuarios.

Bureau Veritas Certification é unha empresa lider do mercado mundial con máis de 5.500 empresas xa certificadas en máis de 80 países dacordo coa Norma ISO 14001, e está recoñecida como entidade de certificación por máis de 15 organismos de acreditación nacionais e internacionais.

Bureau Veritas levou a cabo procesos de certificación de empresas como Alcoa, Lactalis, Navantia, Unión Fenosa, Vodafone, Coca-Cola. Fujistu ou Phillips, entre outras.

Case 21.000 usuarios máis
O Concelleiro responsable da área de transportes, salientou tamén o incremento de usuarios que presentou o servizo de transporte urbano ao finalizar o ano 2008. Os últimos datos indican que ganamos 20.985 viaxeiros con respecto ao ano 2007.

En total o incremento supuxo que o transporte pasase de 1.970.757 viaxeiros e 2007 a 1.991.742 viaxeiros en 2008, o que reflicte que "o resultado final deste servizo é moi positivo e é debido á boa calidade dun servizo que segue mellorando e dando resposta ás necesidades da cidadanía".

As liñas máis empregadas son: a: a líña 1 (Piringalla-Campus Universitario) cun total de 16.531 viaxeiros, seguida das líñas 9 e 9A (CC As Termas) cun total de 14.092 e 14.603 viaxeiros respectivamente.

Cabe salientar que a liña 9E posta en funcionamento o 22 de marzo de este ano leva acumulados un total de 8.456 viaxeiros, sendo a liña de fin de semana e festivos con máis usuarios.

Bus Búho
José Rábade tamén anunciou a posta en marcha nestas datas do coñecido como Bus Búho que funcionará a noite do 31 de decembro desde a 01:00 da madrugada ata as 08:00 da mañá.

Mandaranse cartas informativas co horario deste servizo especial da noite de fin de ano "precisamos a colaboración da hostalería, por iso agardezo moito a presenza do presidente da Asociación de hostalería. Este fin de ano é importante que a xente deixe o coche na casa e o pase ben, sen riscos ao volante. Tamén se colocará información nos propios autobuses.

O día 24 de decembro todas as liñas de autobuses finalizan o servizo 1 hora antes, excepto a liña 11 (Calde -Nadela).

Noticias relacionadas