Os aspectos do PXOM relativos aos barrios Feixoo, O Carme, A Cheda e a Piringalla, foron os principais asuntos tratados

Mércores, 14 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Urbanismo, Francisco Fernández Liñares e os voceiros dos grupos políticos municipais, mantiveron unha nova xuntanza para analizar distintos puntos do Plan Xeral de Ordenación Municipal e chegar a un consenso na súa aprobación.

Fernández Liñares destacou que nesta terceira xuntanza tratáronse aspectos técnicos do plan relativos aos barrios onde se tiñan previstas reformas profundas. Unha das zonas analizadas foi o barrio Feixoo que “queremos reformar pero ao mesmo tempo conservar”. Según Fernández Liñares “quérese preservar o entramado das rúas e dar unha altura máxima de dous máis baixo cuberta para manter o tipismo do barrio“.

Os cambios que afectan a zona do Carme tamén se trataron nesta xuntanza. Falouse da posibilidade de crear unha zona verde cunha superficie de cerca de 30.000 metros cuadrados que uniría a Ronda da Muralla coa Ronda do Carme.

Outros dos puntos analizados foron o enlace da zona da Cheda coa zona do Carme, e as rúas da Piringalla que requiren algunha modificación.

Fernández Liñares destacou de novo o bó entendemento entre os tres partidos políticos. Indicou ademáis que está prevista unha nova xuntanza para o martes 14 de agosto co equipo redactor para que traballen neste mes de agosto sobre as propostas plantexadas nas reunións. En setembro decidirase un novo calendario de reunións porque, como sinalou Fernández Liñares, “o traballo avanza pero aínda hai puntos que revisar, xa que queremos o mellor plan para Lugo”.

Noticias relacionadas