Os alumnos alemáns de intercambio no instituo Lucus Augusti visitan o Concello

Ana Prieto convidou aos rapaces a coñecer e a gozar da cidade, así como a aproveitar a experiencia do intercambio entre alumnos lucenses e europeos.

Luns, 17 de outubro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Os alumnos alemáns de intercambio no instituo Lucus Augusti visitan o Concello

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, recibiu este luns no Salón de Plenos a unha vintena de estudantes alemáns, dun centro de Leipzig, que están de intercambio no instituto Lucus Augusti. Ao acto tamén asistiron alumnos lucenses que estudan neste centro educativo, así como 4 mestras, dúas luguesas e dúas alemás.

A edil convidou aos rapaces a coñecer e a gozar da cidade, así como a aproveitar a experiencia do intercambio entre alumnos lucenses e europeos.

Noticias relacionadas