Os almorzos saudables chegan mañá ás masterclass de nutrición de Xuventude

Esta xa é a quinta sesión desta programación telématica, que se pode seguir ás 20:00 horas, todos os mércores, no Facebook Xuventude Lugo así como na conta de Instragram

Martes, 15 de setembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Os almorzos saudables chegan mañá ás masterclass de nutrición de Xuventude

Os almorzos saudables chegan mañá mércores, 16 de setembro, ás masterclass de nutrición que puxo en marcha Xuventude o pasado mes de agosto, co obxectivo de ofrecer á mocidade contidos de educación nutricional, ao tempo que se facilita a creación dunha contorna saudable. Fano logo de afondar en como mellorar o sistema imnume coa alimentación e tras desmontar os mitos alimentarios máis comúns.

Poderase seguir a partir das 20:00 horas, a través do Facebook de Xuventude de Lugo así como na conta de Instagram @Xuventude_lugo.

Estas charlas, dirixidas pola dietista-nutricionista Ángeles Novo, terán lugar a través deste medio todos os mércores ata o 7 de outubro, ás 20:00 horas. As vindeiras semanas, as masterclass farán fincapé en ceas e petiscos saudables e receitas doces.

Noticias relacionadas