Os 22 emprendedores do Inicia Coworking fomentan o espírito colaborativo nunha camiñada polo Rato

Mércores, 19 de xullo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Os 22 emprendedores do Inicia Coworking fomentan o espírito colaborativo nunha camiñada polo Rato

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, participou este mércores xunto aos 22 participantes na segunda fase do plan de apoio gratuíto ao emprendemento Inicia Coworking, impulsado polo Concello de Lugo e a Escola de Organización Industrial (EOI), nunha camiñada polo paseo do río Rato, unha actividade de motivación organizada no marco deste programa co obxectivo de fomentar o espírito colaborativo e o traballo en equipo entre os emprendedores e emprendedoras e aproveitar sinerxias para mellorar as posibilidades de éxito. Segundo explicou Prieto, este tipo de xornadas e actividades foi unha das cuestións que os participantes pediron reforzar nesta segunda edición do Inicia Coworking, e ás que xa está dando resposta o equipo coordinador, formado por traballadores municipais e da EOI.

Neste nova etapa do programa toman parte 20 emprendedores, que  recibirán durante cinco meses de xeito gratuíto apoio integral, individual e personalizado aos emprendedores e emprendedoras de Lugo para poñer en marcha con éxito a súa empresa, asegurando así a súa viabilidade tanto técnica como económica.

Noticias relacionadas